CRTVG

Buscar

Comeza o xuízo contra o Rei do Cachopo, acusado do asasinato da súa moza

Publicado o 10/05/2021 09:19
Comeza o xuízo contra o Rei do Cachopo, acusado do asasinato da súa moza

Hoxe sentarase no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Madrid César Román, máis coñecido como o Rei do Cachopo, a quen xulgan polo asasinato da sua moza Heidi Paz, de 26 anos.

O seu corpo despezado aparecera en agosto de 2018 nunha maleta calcinada nunha nave do distrito de Usera alugada polo empresario. O acusado está en prisión desde que fora detido nun bar de Zaragoza, a onde fuxira cunha identidade falsa.

A Fiscalía pide para el 15 anos de prisíón polos delitos de homicidio e profanación do cadáver. O xuízo prolongarase ata o 26 de maio. Hai 99 persoas citadas.