CRTVG

Buscar

Comeza o xuízo contra o produtor de cinema Weinstein, por presuntas agresións sexuais

Publicado o 07/01/2020 19:55

Visiblemente enfermo, o produtor de Hollywood Harvey Weinstein chegaba esta mañá á corte suprema de Nova York. Foi a vista previa para a elección do xurado que o vai xulgar dos delitos de abusos sexuais e violación. Delitos polos que o que fora superprodutor de Hollywood podería acabar no cárcere de por vida.

Ás portas do edificio, o movemento feminista Me Too, grupo que xurdiu tras o escándalo Weinstein, concentrábase para pedir que todo o peso da lei caia sobre o produtor de cinema.

Desde que en outubro de 2017 se destapra este escándalo, máis de 80 mulleres acusaron o produtor de abuso sexual e violación. No xuízo, Weinstein terá que escoitar as testemuñas de todas as súas presuntas vítimas.

Noticias web

07/01/2020