Comeza o xuízo contra o hostaleiro vigués acusado de abusar de menores
Os feitos tiveron lugar entre os anos 2015 e 2017. Supostamente, o acusado aproveitaba o contacto con menores no restaurante que rexentaba e engaiolábaos cunha vida de luxo. O hostaleiro estivo un ano e dez meses en prisión preventiva, pero agora está en liberdade. Cinco dos menores non superaban daquela os 16 anos.
O xuízo celébrase a porta pechada para protexer a intimidade das vítimas. O fiscal pide para o hostaleiro vigués, coñecido como Papuchi, un total de 54 anos de prisión por delitos continuados de abuso sexual, exhibicionismo, provocación sexual e exhibición de pornografía. Ademais, solicitan outros dez de liberdade vixiada con ordes de afastamento e indemnizacións por valor de 38.000 euros. A acusación particular pide unha pena maior, xa que considera o delito de agresión sexual.