CRTVG

Buscar

Comeza o xuízo contra Moróns e Zamoranos pola liorta no mercado de Cangas

Publicado o 01/07/2019 13:17

Comeza o xuízo que vai sentar no banco dos acusados a Moróns e Zamoranos. Será pola liorta no mercado de Cangas en 2015, que deixou feridos en ambas familias.

Sinaí Giménez e outros membros da súa familia deberán comparecer ante a xustiza pola liorta cos Zamoranos. Feitos polos que a fiscalía solicita para o 'rei dos xitanos' 13 anos e medio de cárcere por varios delitos de lesións. Pero está non é a única causa que teñen pendentes os Moróns. A máis importante segue en instrución nos xulgados de Cangas, a raíz dunha querela da fiscalía de Pontevedra pola que se investiga a súa presunta extorsión a vendedores ambulantes. Onte en dependencias xudicias Sinaí Giménez manifestaba a tranquilidade da familia ante os xuízos que se aveciñan.

O próximo 16 de outubro celebrarase en Pontevedra o xuízo contra Sinaí Giménez e outros cinco membros da súa familia pola agresión a un avogado e varios gardas civís ás portas dos xulgados de Tui en 2014. Onte quedou suspendido pola incomparecencia de tres dos acudados. Un deles, Juan Paulo, o irmán de Sinaí, en busca e captura a nivel europeo como presunto autor dos disparos nun tiroteo no Porriño, nunha pedida de man de Zamoranos na que dous mozos quedaron feridos.

Pendentes de diferentes xuízos, varios membros da familia dos Moróns permanecen en liberdade baixo fianza e con ordes de afastamento dalgúns mercados da provinvia de Pontevedra. Fóra de Galicia o 'rei dos xitanos' ten aberta unha causa en Salamanca logo de ser detido con haxix no seu coche.




 

Noticias web

01/07/2019