CRTVG

Buscar

Comeza o xuízo contra a viúva negra, a muller que matou o home 20 días despois de casar con el

Publicado o 28/09/2020 17:51
Comeza o xuízo contra a viúva negra, a muller que matou o home 20 días despois de casar con el

A coñecida como viúva negra de Alacante comezou a ser xulgada esta mañá, acusada de matar o seu home vinte días despois da voda. Concepción Martín afronta unha condena de ata 30 anos por un delito de asasinato con asañamento. Para o seu cómplice, Francisco Pérez, a Fiscalía pide 28 anos polos mesmos delitos. Concepción e Francisco están acusados de asestarlle ata 20 coiteladas a José Luis Alonso, un camioneiro xubilado de 69 anos, que había pouco máis de dúas semanas que casara con ela.

Noticias web

28/09/2020