CRTVG

Buscar

Comeza o xuízo contra 133 controladores aéreos pola folga de 2010

Publicado o 15/01/2020 09:43

Hoxe sentan no banco dos acusados os controladores aéreos pola folga que protagonizaron en 2010 e que provocara que o Goberno de Zapatero decretara o estado de alarma, por primera vez na democracia.

Dos 133 acusados, 119, a gran maioría chegaron a acordo coa Fiscalía e pagarán multas de, polo menos, 15.000 euros, que cobrarán os máis de 15.000 afectados que seguen preiteando.

O resto defenderán a súa inocencia e serán xulgados por un delito de abandono de servizo público. Pola folga, os días 3 e 4 de decembro de 2010, víronse afectados 5.000 voos e uns 700.000 pasaxeiros durante o peche do espacio aéreo.

Noticias web

15/01/2020