Comeza o xuízo ao excomisario Villarejo, que se prolongará ata finais de xaneiro de 2022
Publicado o 13/10/2021 08:31

José Manuel Villarejo sentará hoxe por primeira vez no banco dos acusados da Audiencia Nacional.
Pasaron case catro anos da súa detención e, tras a fase de investigación, arranca coas cuestións previas o xuízo. O excomisario será xulgado por tres supostos encargos de espionaxe investigados na macrocausa do caso Tándem. A Fiscalía solicita para Villarejo case 110 anos de cárcere. A de hoxe será a primeira gran vista oral. Acompáñano no banco outras 26 persoas. O caso xira arredor dunha macrotrama de corrupción policial, empresarial e política.