CRTVG

Buscar

Xulgan a Willy Toledo por insultar a Deus e a Virxe nunha rede social

Publicado o 17/02/2020 09:45

O actor Willy Toledo senta este luns ante un xuíz por uns comentarios que publicou en 2017 en Facebook nos que insultaba a Deus e á Virxe, feitos polos que lle acusa unha asociación de avogados cristiáns, a diferenza da Fiscalía, que pide a absolución.

"Eu cágome en Deus e sóbrame merda para cagarme no dogma da santidade e virxindade da Virxe María", publicou o actor nesa rede social en xullo de 2017.

É un dos comentarios polos que será xulgado a partir das 11.30 horas, acusado dun delito contra a liberdade de conciencia e os sentimentos relixiosos e outro de obstrución á Xustiza (por negarse a comparecer ante o xuíz de instrución) pola Asociación Española de Avogados Cristiáns.

É a única acusación da causa e pide 22 meses de multa para el. A Fiscalía, por contra, considera que os feitos "non son constitutivos" de delito.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2020