CRTVG

Buscar

Comeza o xuízo contra Cristina Cifuentes polo caso Máster

Publicado o 18/01/2021 09:49

Hoxe comeza o xuízo á expresidenta de Madrid Cristina Cifuentes polo caso Máster. A Fiscalía pide para ela tres anos e tres meses de cárcere. Acusan a exdirixente do PP de ser a indutora de falsificar a acta que acreditaba que acabara e defendera o seu máster na Universidade Rei Juan Carlos, algo que non fixo.

Xunto a ela tamén sentan no banco dos acusados unha exasesora da Consellería de Educación madrileña e unha integrante do tribunal que supostamente examinou a Cifuentes, pero que despois recoñeceu os feitos e colaborou na investigación.

Noticias web

18/01/2021