Comeza o traslado dos fondos do Arquivo Provincial de Ourense cara á súa nova sede
Unha empresa especializada é a encargada do delicado traslado dos fondos que acumula o Arquivo Histórico Provincial de Ourense. Os documentos custodiados desde o século XI comezan unha viaxe cara á súa nova sede. Un traballo que require coidado e precisión.
É un dos máis singulares da Península pola cantidade e o valor dos documentos que posúe. Sen espazo e saturado desde os anos oitenta, a nova localización, cunha capacidade cinco veces máis ampla no antigo convento de San Francisco, vai permitir acoller por fin novos documentos.
Realizaranse exposicións permanentes sobre os seus máis de 3 millóns de documentos, agora en caixas, e actividades para dar a comecer a historia da provincia. Un traslado histórico e unha débeda histórica pola que os ourensáns levaban máis de 30 anos agardando e que agora será unha realidade no mes de setembro.