CRTVG

Buscar

Comeza o transvasamento do combustible do Blue Star

Publicado o 30/11/2019 14:24

A tregua meteorolóxica de onte permitiu completar con éxito as probas e os traballos previos ao transvasamento do combustible do Blue Star. A compañía holandesa Smit decidiu misturar o fuel e o gasoil e bombealo de forma coxunta. As tarefas comezaron ás once da mañá baixo a supervisión de Salvamento Marítimo. O alcalde de Ares, Julio Iglesias explica que tiveron que parar un momento porque houbo un problema nunha brida dunha mangueira do barco e a continuación retomaron os labores e creo que xa están saíndo os primeiros camións cisterna cheos".

Ao redor de trinta persoas participan nos labores de transvasamento. A operación realizarase só durante as horas de día, coa luz necesaria para detectar posibles fugas. Os buques de Salvamento seguen de preto os traballos. O Don Inda está equipado con barreiras anticontaminación por se fallase o dispositivo. O baleirado podería completarse en dous días. "Parece ser que o domingo rematan ou se non o luns pola mañá. A partir de aí hai o problema dun barco encallado que xa non ten a bordo ningún combustible e en consecuencia poderemos durmir máis tranquilos."

Oito camións cisterna traladarán os carburates á planta que a xestora de residuos Ingaroil ten no polígono industrial de As Somozas.

Noticias web

30/11/2019