A lotería de Nadal deixa algo máis de 20 millóns en Galicia
• O primeiro premio vendeuse no Grove, no Porriño e en Vigo
• O 38.341, un cuarto premio, deixa máis de 10 millóns en Vigo
• Sigue o minuto a minuto do sorteo aquí e no programa especial en directo da TVG

13:25 31.617 Quinto premio, 60.000 euros á serie
13:14 43.831 Quinto premio, 60.000 euros á serie
Vendido en Ponteareas, Meis, Lugo, Ourense, Pontevea, Pontevedra, O Carballiño, Aranga e A Coruña
13:09 06.095 Segundo premio, 1.250.000 euros á serie
12:41 38.341 Cuarto premio, 200.000 euros á serie
Vendidas 54 series en Vigo, case 11 millóns de euros.
A mesma administración do Porriño vendeu o Gordo, un cuarto e un quinto premio.
En Galicia repartíronse, polo de agora, máis de 17,5 millóns de euros en premios.
Primeiras palabras do loteiro do Grove que vendeu unha serie do gordo #GordoTVG | https://t.co/8ceIXhHmTn pic.twitter.com/uyr5anTHcw
— G24 (@G24Noticias) December 22, 2020
12:02 72.897 O Gordo, 400.000 euros á serie
Vendidos 10 décimos no Grove, un en Vigo e un no Porriño, en total 4.800.000 euros
11:55 75.981 Cuarto premio, 200.000 euros á serie
60 series vendidas en Cambados e tamén se vendeu no Porriño
11:48 28.674 Quinto premio, 60.000 euros á serie
Polo de agora, repartíronse en Galicia 782.000 euros
— G24 (@G24Noticias) December 22, 2020
11:30 52.472 Terceiro premio, 500.000 euros á serie
O terceiro premio deixa medio millón de euros en Ourense
11:19 55.483 Quinto premio, 60.000 euros á serie
A Coruña e Lourenzá, os concellos máis agraciados polo momento
10:44 49.760 Quinto premio, 60.000 euros á serie
10:42 19.371 Quinto premio, 60.000 euros á serie
En Lourenzá tocou unha serie do quinto premio, o número 19.371, e deixa 60.000 euros #GordoTVG https://t.co/6y5DDSvHIW pic.twitter.com/JunmwZAdzd
— G24 (@G24Noticias) December 22, 2020
Os quintos premios reparten 6.000 euros ao décimo
9:20 37.023 Quinto premio, 60.000 euros á serie
Vendida unha serie en Santiago de Compostela
9:17 86.986 Quinto premio, 60.000 euros á serie
Premio moi repartido, distribuído nas localidades de Vigo, Oleiros, Bergondo, Noia, A Coruña, O Porriño, Caldas de Reis, O Carballiño, Castro de Rei, Ourense, A Peroxa e O Carballiño.
O lugar de Galicia que máis vendeu este quinto premio foi A Coruña.
Repartiu 220.00 euros en Galicia
En Vigo tamén caeu algo de sorte. Falamos cos propietarios da cafetería que vendeu tres décimos do número 86.986 #GordoTVG https://t.co/VEM1JiSRjb pic.twitter.com/ZBXCPaKQLM
— G24 (@G24Noticias) December 22, 2020
— G24 (@G24Noticias) December 22, 2020
9:15 Entran os nenos do colexio de San Ildefonso
9:14 Comeza o Sorteo Extraordinario de Nadal
9:06 Xa están todas as bólas dentro do bombo
Van ser repartidos 2.408 millóns de euros.
Os nenos só poderán quitar a máscara no momento de cantar os premios.
8:15 Empezan a introducirse as bólas nos bombos
— G24 (@G24Noticias) December 22, 2020
8:00 Abre o Palacio Real de Madrid para o Sorteo Extraordinario de Nadal
Neste Sorteo da Lotería de Nadal, os datos falan dunha caída na facturación dun 11% en Galicia. O gasto descende nas catro provincias galegas. Na Coruña produciuse un descenso do 13,77% en Lugo dun 10,72%, en Ourense dun 10,48% e en Pontevedra un 16,70%