CRTVG

Buscar

Comeza o Ramadán en réxime de confinamento

Publicado o 23/04/2020 21:01


Entramos na casa de Mohamed a través do seu teléfono móbil para respectar o confinamento.
Así, en familia, é como van celebrar este ano o Ramadán.

El recíbenos no portal, e amósanos a aplicación de móbil que utilizan como guía para os rezos: "O Corán completo, o que queira lelo, pode ser en voz ou por vista, e ten tamén os horarios de rezo".

As mesquitas están pechadas, así que os rezos colectivos, en comunidade, non se van poder celebrar, polo menos nas primeiras semanas dos 27 días que dura o Ramadán.

Mohamed Saleh Baha, musulmán que reside en Ourense: "Principalmente o rezo do Tarawih, que é un rezo importante que se celebra despois do xaxún, todas as noites. Non é obrigatorio facelo en mesquita, pero normalmente faise en colectivo".

Tamén prevén dificultades para seguir a dieta recomendada. Hai produtos accesibles nos supermercados, coma os dátiles, pero outros terán que substituílos.

Mohamed Saleh Baha, musulmán que reside en Ourense: "Sempre hai alternativa, facer sopa e sustituir a famosa harira por unha sopa ou por un zume ou un batido".

O que será máis levadío, sinalan, é o xaxún, desde o amencer ata a posta do sol, xa que este ano non o terán que pasar traballando.

Noticias web

23/04/2020