CRTVG

Buscar

Comeza o proceso para crear 20 novas casas niño

Publicado o 10/03/2021 14:47

A Xunta amplía a rede de casas niño para facilitar a conciliación no rural e mañá o DOG publica a convocatoria para a creación de 20 novos centros deste tipo.

Anunciouno a conselleira de Política Social durante a visita a unha das primeiras casas niño que se instalaron na provincia da Coruña no 2016. Foi no concello de Frades, que actualmente conta xa con dous centros destas caracteristicas para atender gratuitamente os pequenos de ata 3 anos.

Noticias web

10/03/2021