CRTVG

Buscar

Comeza o primeiro xuízo da trama Púnica contra Francisco Granados

Publicado o 14/11/2017 22:33

Comezou o primeiro xuízo da trama Púnica contra o ex-conselleiro madrileño e ex-secretario xeral do PP de Madrid, Francisco Granados. Enfróntase a unha petición fiscal de 3 anos de prisión pola suposta filtración da investigación policial sobre el e o empresario David Marjaliza. O avogado de Granados denuncia que non se xulgue na causa a Marjaliza porque, segundo di, o empresario si se beneficiou do aviso. O axente da Garda Civil que supostamente informou a Granados de que o estaban investigando negou os feitos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2017