CRTVG

Buscar

Ayuso promete a maior baixada de impostos da historia no seu discurso de investidura

Publicado o 13/08/2019 17:22

A candidata do PP á Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, explicou hoxe o seu programa de Goberno durante a primeira sesión do seu pleno de investidura.

Ayuso prometeu a maior baixada de impostos da historia, e comprometeuse a loitar contra a corrupción. A candidata popular, que de non torcerse nada mañá converterase en presidenta cos votos de Ciudadanos e Vox, defendeu un goberno de coalición sen etiquetas. Boa parte do seu discurso adicouno á política fiscal.

Isabel Díaz Ayuso, candidata á presidencia da Comunidade de Madrid, "demandaremos do Goberno central que non aumente os impostos sobre as familias e as empresas, pero se finalmente o fai, a Comunidade de Madrid comprométese a facer as rebaixas de impostos necesarias para compensar a voracidade fiscal do Goberno socialista"

 



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2019