CRTVG

Buscar

Comeza o Noroeste Festival, tres días de pop-rock na Coruña

Publicado o 06/08/2021 15:28

Comezou no mediodía o festival Noroeste, un dos festivais máis agardados de todos cantos se celebran en Galicia e que quere resarcirse da edición suspendida o ano pasado.

Adaptado ás circunstancias, pero coa esencia de sempre: Triángulo de Amor Bizarro, Bala, Rulo e a contrabanda son algúns dos cabezas de cartel que subirán aos escenarios do parque Europa, Santa Margarita, María Pita e o campo da Leña, que nestes momentos dá o tiro de saída a tres días do mellor pop-rock nacional.

Con ocupación reducida, hai que estar sentados, pero con moitas ganas de música.

Noticias web

06/08/2021