CRTVG

Buscar

Comeza o horario de verán para os traballadores da Xunta

Publicado o 16/06/2019 14:28

A Xunta inicia hoxe e ata o 15 de setembro o horario de verán prós seus traballadores.
Como novidade, segundo informa o Goberno galego, os empregados públicos con redución de xornada tamén se beneficiarán do horario estival.
Durante este período, os traballadores da administración xeral da xunta deberán realizar seis horas diarias continuadas de traballo entre as oito da mañá e as tres da tarde fronte ás sete horas e media que establece o horario oficial.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/06/2019