CRTVG

Buscar

Comeza o festival Vive Nigrán con ocupación limitada e público sentado

Publicado o 15/07/2021 21:05

Tras o arranque o mércores do festival O Son do Camiño, na tarde deste xoves fíxoo o Vive Nigrán, tamén con numerosas medidas de seguridade para convertelo nun evento de ocio seguro. Ocupación limitada, distancia de seguridade e espectadores sentados, así comeza o festival Vive Nigrán, que chega á súa quinta edición no campo de fútbol de Lourido, a carón do areal de Praia América. Un festival que aposta pola sustentabilidade e que segue coa filosofía do picnic-pop.

A pandemia mudou radicalmente a organización de calquera cita festiva. O Festival Vive Nigrán adáptase á  realidade da covid−19 cunha edición marcada pola seguridade. Pero a música segue a ser a prioridade. Os músicos teñen o reto de romper a barreira da distancia social que os separa dun público que ten que estar sentado. En cadeiras e mantendo a distancia, pero con mais ganas que nunca de ir a concertos e retomar a normalidade.  Para os músicos tamén está a ser unha experiencia estraña.

Os ritmos urbanos de Walls, que xa é unha referencia do freestyle, abriron esta quinta edición do Vive Nigrán, que baixo a filosofía de festival pícnic-pop se integra no medio e ofrece actividades paralelas como paddle surf, rutas en caiac ou bautismos de surf.

 

Noticias web

15/07/2021