CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Comeza o Festival Internacional de Teatro de Ourense

Publicado o 04/10/2015 21:27





Ourense acolle dende esta fin de semana a oitava edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense, o FITO. Durante 10 días pasarán polos escenarios e as rúas da cidade seis compañías internacionais e seis galegas, con espectáculos para todos os públicos. Un festival que xa é un referente das artes escénicas en Galicia.

O teatro invade estes días as rúas e as salas de Ourense. Comeza a oitava edición do Festival Internacional de Teatro, e a cidade convértese durante dez días na capital das artes escénicas. Con oito anos de historia o FITO é xa unha cita ineludible.

18 espectáculos de todos os xéneros e para todos os públicos, seis compañias internacionais de países como Francia, Portugal, Italia e por primeira vez, Bolivia e tamén Suíza. E seis galegas. O FITO é tamén unha plataforma de presentación para compañias emerxentes. Este é o caso de Lucecús Teatro que hoxe estréanse no Principal coa súa primeira obra coma profesionais da escena.

Ata o vindeiros luns haberá funcións diarias dende os 8 ata os 3 euros. Tres estreas entre elas a de Matarile Teatro coa súa nova montaxe "El cuello de la jirafa".
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí