CRTVG

Buscar

Comeza o Festival de Ortigueira con catro días por diante de música e moita festa

Publicado o 11/07/2019 09:22

Bulicio de xente e de mercadorías para abastecer os locais. Na alameda de Ortigueira, desde ben cedo ultiman os preparativos para a celebración da trixésimo quinta edición do Festival Internacional do Mundo Celta.

Contra as dez da noite darán o pistoletazo de saída e ata o próximo domingo unha morea de grupos de todas as nacións celtas marcarán o ritmo desta vila coruñesa.

Chegados desde moitas partes do mundo, moitos festivaleiros xa están instalados nesta acampada do pinar de Morouzos, pero aínda seguen chegando máis e máis...

A novidade desta edición é un punto violeta, unha caseta con información sobre violencia machista.

En Ortigueira, quedan por diante catro días de moita troula. O festival aínda non comezou, pero moitos xa pensan en repetir o ano que vén.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/07/2019