CRTVG

Buscar

Comeza o estudo no Reino Unido consistente en infectar con covid persoas sas

Publicado o 08/03/2021 15:06

O Reino Unido avanza nun estudo sobre a covid, con certa polémica. Porque os científicos van infectar co virus persoas sas.

É un ensaio que comezou o sábado e en que efectivamente van ser expostas ao coronavirus 90 persoas de entre 18 e 30 anos.

Din os organizadores que son adultos coidadosamente escollidos e que serán tratados nun ámbito controlado e seguro. Van recibir unha dose mínima nun tipo de ensaio habitual en todas as enfermidades infecciosas.

Os participantes recibirán un pago de 4.500 libras, 5.300 euros, por participar este estudo que durará un ano e en que se usará a cepa que circula maioritariamente por Gran Bretaña.

 

Noticias web

08/03/2021