Comeza o curso político do 2019 coas reunións dos principais partidos
Publicado o 08/01/2019 08:08
A situación en Andalucía marca o inicio do curso político 2019 que comeza hoxe oficialmente coas reunións das direccións dos principais partidos.
Analizarán as liñas que van seguir nos próximos meses coa vista posta nas eleccións municipais e europeas de maio e a dúbida de se haberá adianto das xerais. En Génova, Pablo Casado preside o comité de dirección do PP, e tamén hai reunión de Ciudadanos, encabezada por Albert Rivera.
O líder do PSOE, Pedro Sánchez, preside a Executiva Federal do partido, cun reto inmediato: conseguir os apoios para aprobar os presupostos xerais, que presentarán este mesmo mes.