CRTVG

Buscar

Comeza o curso nas garderías, coa obriga de levar as vacinas ao día

Publicado o 09/09/2019 16:35

Os primeiros pasos dos máis pequenos nas rutinas escolares comezaron hoxe de xeito oficial. Os novos están adaptándose e os máis veteranos, readaptándose, volvendo coller o pulso dun curso que non fixo máis que comezar.

Nesta escola de Bertamiráns están matriculados 70 nenos, case a metade son novos. E aínda así todo transcorreu con tranquilidade, que foi a tónica xeral deste inicio de curso para os cativos de ata tres anos. Un curso cunha novidade importante aquí en Galicia: a obrigatoriedade de que os nenos inscritos teñan o calendario de vacinas ao día.

Nas escolas infantís dependentes da Xunta hai arestora máis de 8.400 pequenos matriculados, pero son en total 25.000 as prazas financiadas polo Goberno galego, algunhas delas sufragadas a través do Bono Concilia. Estas axudas van dende os 50 ata os 250 euros dependendendo da renda familiar.

O curso pasado, 4.000 familias beneficiáronse destas subvencións. No presente, será nas vindeiras semanas cando se publicarán as listaxes cos beneficiados polas axudas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/09/2019