CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Comeza o curso nas escolas infantís

Publicado o 05/09/2017 15:09

Hoxe comezou o curso nas escolas públicas de educación infantil, as coñecidas como 'galiñas azuis', para nenos de entre 0 e 3 anos. Este curso ofértanse en Galicia máis de 22.400 prazas.

Significa unha ratio de cobertura do 38%, cinco puntos por riba do recomendado pola Unión Europea, segundo indicou a directora xeral de Familia da Xunta, Amparo González, durante unha visita á escola infantil Antela, en Ourense. Confían en que este ano non quede ningún neno sen praza pública ou con bono concilia en garderías privadas. Como diciades, hoxe comeza oficialmente o curso, pero son moitos os pais que deciden ir pouco a pouco, xa que non é fácil a adaptación tras as vacacións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí