CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Comeza o curso en Galicia para 198.000 alumnos de infantil, primaria e educación especial

Publicado o 11/09/2017 14:27


Comeza o curso escolar 2017-2018 en infantil, primaria e educación especial, a etapa que vai desde os tres aos once anos. Este curso serán uns 198.000 alumnos en Galicia.

En educación infantil haberá algo máis de 60.000 rapaces, un 2,4% menos que o ano pasado. En educación primaria serán 137.022, practicamente os mesmos que o ano pasado mentres que en educación especial 1.394 alumnos.



Aínda que hoxe é día de nervios a maioría dos nenos acode contento aos centros.




O inicio deste curso chega tamén con novidades no transporte, coa posta en marcha dos autobuses compartidos. O novo modelo permite o uso das prazas baleiras en máis de 500 liñas de bus escolar por parte da cidadanía en xeral. Os pequenos van sempre acompañados dun monitor.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí