CRTVG

Buscar

Comeza o cumio do G20 en Bos Aires con España como convidada

Publicado o 30/11/2018 21:40

Comezou en Bos Aires o Cumio do G-20 ao que España desde hai anos acode como convidada. É a primera participación de Pedro Sánchez na xuntanza dos países máis desenvolvidos dos cinco continentes. Reuniuse con Mauricio Macri e tiña previsto facelo coa presidenta do FMI Christine Lagarde. O presidente español trasladará a súa aposta por atopar solucións multilaterais en asuntos como o emprego digno, a igualdade de xénero, as crises migratorias e o cambio climático.

Xa están reunidos en Bos Aires os xefes de Estado e de Goberno máis impotantes do planeta nun novo cumio do G20 marcado pola tensión que existe entre algúns dos países membros.

Por este xigantesco centro de convencións que acolle aquí en Bos Aires o decimoterceiro cumio de líderes do G20 desfilaron os homes e mulleres máis poderosos do planeta. O anfitrión, Mauricio Macri, deulles a benvida un por un como é habitual antes da foto de familia. E durante o discurso de apertura avogou pola necesidade de máis diálogo ante as tensións internacionais e instou ós mandatarios a actuar coa mesma urxencia que hai dez anos, cando se celebraba a primeira edición deste foro en medio da crise financieira global.

A gran ausente na apertura do cumio foi Angela Merkel quen non logrou chegar por unha avaría no avión. Os mandatarios teñen por diante un día de conversas pero as desputas internas parece que ensombrecerán o documento final.

Á marxe do foro, un ir e vir de encontros bilaterais e roldas de prensa. Nunha delas o presidente do Consello Europeo, Donald Tusk, pediulle ós lideres mundiais que aproveiten para tratar temas serios coma os conflitos comerciais e a situación que se vive en Yemen, Siria e Ucraína.

Mentres os mandatarios de México, Canadá e dos Estados Unidos asinaron un novo pacto que garantiza a supervivenza dunha das áreas de libre comercio máis grandes do mundo.

Queda aínda a cita máis agardada, a de Donald Trump e o chinés Xi Jinping.







 

Noticias web

30/11/2018