CRTVG

Buscar

Comeza o cuarto intento por xulgar o alixo de 1.500 kg de cocaína a bordo do Titán III

Publicado o 01/09/2021 14:06

O cuarto intento de desenvolver este proceso comezou poñendo en cuestión a súa lexitimidade. Co obxectivo de anular toda a causa, os letrados das defensas coincidiron en sinalar motivos para a suspensión. Varios avogados expresaron as súas dúbidas sobre se as autoridades panameñas autorizaron a inspección do remolcador, que ten bandeira dese país.

Na Audiencia Provincial, os defensores aludiron, asemade, as supostas eivas na instrución, que, ao seu entender, orixinaron lagoas e falta de orde en todo o procedemento con prexuízo, polo tanto, para os seus representados.

O barco Titán III foi abordado en agosto de 2018 con 1.700 quilos de cocaína a bordo en mar aberto, nun punto entre os Azores e a Madeira. Daquela foron detidos os seus catro tripulantes, dous españois e dous senegaleses. A fiscalía considera que o seu destino eran as Rías Baixas. No marco desta operación, hai 21 persoas procesadas para as que piden penas que suman 220 anos de cárcere e máis de 2.000 millóns de euros de multas por tráfico de drogas e pertenza a organización criminal.

Noticias web

01/09/2021