CRTVG

Buscar

Comeza o cribado para os xornaleiros que traballarán na vendima en Galicia

Publicado o 24/08/2020 09:40

Comeza o cribado para os xornaleiros de tempada que traballarán na próxima vendima. Faranse entre 3.000 e 4.000 probas.

As medidas anticovid van marcar a tempada de recollida da uva. A Denominación de Orixe Valdeorras é a primeira en comezar a vendima este ano.

Jose Luis Bartolomé, etnólogo da adega Godeval, explica que os xornaleiros están divididos por grupos para evitar o contacto entre eles: "Este ano é unha vendima especial e por iso se tomaron unhas medidas para evitar o contaxio. Temos dúas unidades de cortadores, ambas separadas. Hai outro grupo encargado de sacar as caixas. E, por outro lado, hai outro protocolo xa dentro da bodega".

Todos os xornaleiros fixeron unha PCR para poder comezar a traballar nesta vendima.

 

 

 

Noticias web

24/08/2020