Telexornal Mediodía
Comeza o colexio en infantil e primaria
Son algúns dos comentarios que puidemos recoller á primeira hora deste día da volta ao cole, unha xornada que aínda non rematou. A mañá foi dura para moitos pequenos.
Aínda non caen as follas das árbores, pero xa temos aquí unha das imaxes que mellor simbolizan o cambio de estación.
"Empeza. Empeza o cole". "Hai que volver coller a rutina, levantarnos cedo e deitarnos cedo, porque a verdade é que nos deitamos tarde, despois de todo o verán... e si que nos custou". "Bueno... Non é que durmira moi ben... Porque a miña nai tívome que espertar, e non me gusta que me esperte ninguén".
Unha das imaxes que mellor simbolizan o paso do tempo.
"E eu 5".
E empezan escola ou volven a ela.
"Estou na presentación". "Ao principio un pouco nerviosa, pero xa non".
Son voces de estaren verdadeiramente ilusionados.
"Eu non tanto. Tanto non. Porque non quero ir ao comedor".
Pero é escoitar o nome da amiga e sentir emoción; escoitar o nome dunha mesma e correr cara a dentro. Tirando da nai, porque é momento de compartir, de acompañar. De que escoiten os fillos e de que escoiten os pais.
"Dous lapis...".
Si, o colexio. Un lugar onde o material máis importante son as cabezas.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí