CRTVG

Buscar

Comeza o Arde Lucus, nesta ocasión, de maneira virtual

Publicado o 24/06/2020 12:52

Vai ser moi distinto o Arde Lucus deste ano, que comeza mañá xoves, pero de maneira virtual.
Para non perder o espírito desta festa, as distintas asociacións de recreación histórica e o Concello programaron unha trintena de actividades a través das redes sociais.

A fachada do concello xa loce engalanada para a ocasión. O Concello convocou un concurso de decoración de ventás e balcóns. E animan a xente a caracterizarse de romanos e castrexos e subir as súas fotos ás redes. Tamén haberá algún acto presencial, como a homenaxe floral na escultura dos fundadores da cidade ou as visitas guiadas á Domus do Mitreo que organiza a USC.


 

Noticias web

24/06/2020