O Congreso debate os presupostos cos que o Goberno afronta a crise
A ministra de Facenda defendeu no Congreso os Presupostos Xerais do Estado para 2021 fronte ás emendas á totalidade presentadas pola oposición. Un trámite que o Goberno conta resolver sen problemas.
Pero a negociación das contas dificultouse nas últimas horas co endurecemento dos requisitos por parte de Ciudadanos para apoialos. Sete partidos presentaron vetos aos orzamentos: PP, Vox, JxCAT, Coalición Canaria, Foro Asturias, BNG e a CUP.
Este primeiro exame superarao mañá o Goberno sen problema porque estes partidos só suman 151 deputados. Ademais, Esquerra Republicana de Catalunya, PNV, Ciudadanos e outros grupos minoritarios non presentaron enmendas á totalidade.
Así que o Goberno ten 199 votos favorables a continuar coa tramitación dos Presupostos para negociar o seu contido.
A ministra de Facenda comprometeuse a estudar todas a propostas dos grupos, priorizando os que non presentaron enmendas á totalidade.
O primeiro en responderlle á ministra será esta tarde Pablo Casado. O presidente do PP solicita un plan de rescate para os autónomos e propón eliminar cargos e ministerios no Goberno para axudar a este colectivo.
Ciudadanos comparte esta petición dos populares e inda que votarán contra as enmendas á totalidade, endurecen os seus requisitos para apoiar as contas e continuar negociando. Arrimadas non lles dará o visto e prace se o Goberno elimina o castelán como única lingua vehicular no ensino. O Goberno pídelle a Ciudadanos que non poña condicións alleas aos presupostos.
Unha vez superada a votación de mañá, o proxecto dos presupostos continuará a súa tamitación en ponencia e na comisión para debater as enmendas parciais presentadas polos grupos.