CRTVG

Buscar

Comeza na Coruña o xuízo pola titularidade do pazo de Meirás

Publicado o 06/07/2020 07:43

Case 45 anos despois da morte de Franco, un tribunal vai decidir a titularidade dun dos símbolos do franquismo. O Estado alega que houbo expropiación e compra irregular no pazo de Meirás, e a familia do ditador fala de adquisición lexítima tras unha doazón.

"O Estado ten expectativas legai para recuperar un ben público", di Pilar López-Rioboo, subdelegada do Goberno. Pero o avogado da framilia Franco discrepa. "O xuízo ten un trasfondo político, os Franco son os lexítimos propietarios", asegura Luís Utrera.

As primeiras testemuñas apuntalaron a tese da Avogacía do Estado, á que se suman a Xunta, a Deputación e o Concello da Coruña, e o de Sada. Un ex-garda civil destinado á súa vixilancia asegurou que durante décadas houbo persoal e fondos públicos para manter o pazo. E un veciño de Meirás lembrou como á súa avoa lle expropiaron terras para ampliar o recinto.

"Sempre a vin fondamente triste, non quería falar do asunto, expulsárona", dixo Juan Pérez Babóo, veciño de Meirás.

"A min pagábame a Garda Civil, non os Franco", asegurou José Suárez Rozas, garda civil retirado.

Quen defendeu a propiedade dos Franco foi o ex-acalde de Sada Ramón Rodríguez Ares. O ex-edil tamén declarou que a Deputación e o Concello da Coruña intentaron comprar o pazo na década dos oitenta.