CRTVG

Buscar

Comeza este venres a veda do polbo, que durará ata o 5 de xullo

Publicado o 30/04/2021 21:27

Xa non se pode pescar máis polbo ata o verán: ás catro da tarde deste venres comezou a veda do polbo, que durará ata o 5 de xullo.

Segundo os datos do sector, estes últimos dous meses de campaña foron dos peores dos últimos anos. Desde o comezo da campaña, a finais de febreiro, ata hoxe, foron capturados en Galicia menos de medio millón de quilos de polbo, que é menos da metade de kilos que se capturou o ano pasado en Galicia.

Nos vindeiros 65 días todo o polbo galego que consumamos terá que ser conxelado e, no caso de ser fresco, non será galego. A veda amplíase con respecto do ano pasado e, polo tanto, ata o verán veremos as nasas en terra e os naseiros cambiando de actividade, coa esperanza de que en xullo as nasas cheguen máis cargadas.