Comeza en Xinzo a primeira Feira da Pataca
Publicado o 19/11/2019 21:18
A primeira Feira da Pataca da Limia arrincou hoxe con forza en Xinzo.
Entre os expositores máis concorridos, os das patacas fritas, que hoxe presentaban unhas irrompibles. Iniciativas para que o negocio da transformación quede na comarca.
Produtores e almacenistas danse cita aquí tras o remate da colleita.
O obxectivo desta feira, con xornadas técnicas, degustacións, showcookings, é promover o produto símbolo da Limia.
A Feira da Pataca remata o venres, e ata o domingo o Concello de Xinzo organiza tamén a da maquinaria agrícola.