CRTVG

Buscar

Comeza en Viveiro un Resurrection Fest con máis de 100.000 espectadores

Publicado o 03/07/2019 22:32

Máis de 100.000 persoas de 44 países de todo o mundo acoden dende hoxe a Viveiro para escoitar ao vivo un cento de bandas. Son os datos de récord da decimocuarta edición do Resurrection Fest. Esteban Girón, responsable de prensa do Resurrection Fest:  "Batemos varios records, como é que vaian vir máis de 100.000 persoas ao noso festival os catro días. É algo destacable xa que Viveiro ten 16.000 habitantes."

Outra marca que se bate este ano é a do impacto económico do festival. Por vez primeira, o volume de negocio que se prevé xerar superará os 10 millóns de euros. Isabel Méndez, Asociación de comerciantes Casco Histórico de Viveiro:  "Para nós é importantísimo. É unha inxección económica brutal para a vila e para a comarca. Non só estamos a falar de Viveiro, senón todo o que repercute na comarca, na provincia e demais. Por nós, un Resu ao més." Francisco Fernández, hostaleiro: "É unha das mellores semanas do ano. Semana Santa e o resu para min son as mellores semanas que ten o ano.""É a primeira vez que veño, e veño coa familia. Todos os anos me din que veña. Este ano animeime e moi bo ambiente."


Slipknot ou Slayer destacan entre as bandas que participan este ano no Resurrectión Fest. Ignite e Kvelertak encabezaban o cartel na primeira xornada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/07/2019