CRTVG

Buscar

Comeza en Vigo o xuízo por abuso sexual e exhibición de pornografía contra Papuchi

Publicado o 11/02/2019 08:37

O fiscal solicita 54 anos e tres meses de cárcere para o hostaleiro vigués acusado de varios delitos de abuso sexual e exhibición de pornografía ante menores de idade. Segundo o escrito de acusación, Carlos Viéitez, alcumado Papuchi, gañaba a confianza das vítimas no seu restaurante e logo convidábaos a executar actos de natureza sexual. Os feitos ocorreron entre o 2015 e o 2017. A maioría dos menores tiñan 15 e 16 anos, pero algún contaba con 13.

O Ministerio Público solicita, ademais, unha indemnización total para as 18 vítimas de 38.000 euros. Do mesmo xeito, pide que o xuízo se celebre a porta pechada para impedir a identificación dos prexudicados e o contacto visual co acusado. O empresario, de 43 anos, está en prisión provisional dende 2017. Durante a vista oral, que se podería prolongar durante toda a semana, prestarán declaración numerosas testemuñas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2019