CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

Comeza en Vigo a rodaxe dunha película feita por nenos

Publicado o 31/01/2018 21:36

Imos da música ao cine. Hoxe comezouse a rodar a primeira película viguesa realizada na súa totalidade por nenos. Son os alumnos dunha nova escola de cinema dedicada aos máis cativos da casa que queren dedicar o seu tempo de lecer á sétima arte.


Todas a variedades de deportes, idiomas música... As posibilidades de actividades extraescolares xa eran moitas, pero non satisfacían todas as demandas. Os pequenos apaixonados do cine non sempre atopaban resposta ás súas inquedanzas. Unha escola viguesa imparte para eles un curso, en que entran no mundo audiovisual e xa están a rodar a súa primeira curta.
Teñen que gravar, dirixir, iluminar. Pasan por todos os postos para coñecer ben como se fai unha película.
'Krakatoa', que é o título da curta, estará rematada e lista para proxectarse no mes de abril.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

31/01/2018