CRTVG

Buscar

Comeza en Silleda a feira profesional Cimag-GandAgro, co último en gandería e agricultura

Publicado o 21/02/2019 19:45

Tres días cheos de propostas orientadas todas ao sector agrogandeiro. O programa está formado por conferencias e xornadas técnicas dirixidas sobre todo aos gandeiros máis novos. Haberá concursos de innovación tecnolóxica, demostracións de maquinaria, degustacións de produtos galegos con denominación de orixe e concursos morfolóxicos.

Esta feira bienal chega a súa terceira edición e consolídase como a feira agropecuaria máis importante do noroeste e a segunda máis importante de España e maquinaria forraxeira.

Ao acto de inauguración asistiu o conselleiro do Medio Rural, quen ofreceu unha charla sobre a fiscalidade e as axudas ao sector, e tamén o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.


 

 


Noticias web

21/02/2019