CRTVG

Buscar

Comeza en Santiago o primeiro Curso de Especialización en Educación Emocional

Publicado o 13/01/2018 16:12

Diferentes profesionais fórmanse en Santiago en educación emocional, no primeiro curso destas características que promoven a Universidade de Santiago e a plataforma Emociona. Aprenden sobre todo a xestionar primeiro as súas propias emocións.

A educación emocional é unha forma de vida. Fala Rosa Casafont, médica especialista en Neurociencia, quen imparte unha xornada do curso: "Dende o fundamento, dende as Neurociencias, podemos realmente aprender que facemos cando sentimos e nos comportamos, polo tanto aprendemos a pensar, aprendemos a sentir de forma diferente e a comportarnos de forma diferente, non só reactivamente ás circunstancias, senón marcando estilo".

Mediante diversas técnicas, profesionais de diferentes ámbitos aprenden, en Santiago, a desenvolver as súas competencias sociais para conseguir máis e mellores resultados, dos alumnos nunha aula, do persoal que xestionan nunha empresa, etcétera.

Falan os alumnos do curso: "Estar mellor emocionalmente mellora calquera cousa, pasar pola vida e traballar e ao final pois tamén nunha empresa, será producir máis e producir mellor e con xente máis feliz".

"Vendo o que lle pasa ao neno, podemos ir máis aló e traballar moitos máis aspectos con actividades e propoñendo outros programas, pois moi diferentes aos que estamos acostumados a ver nos centros educativos". 

Esta primeira edición do Curso superior de especialización en Educación Emocional, unha iniciativa da Universidade de Santiago e da plataforma educativa Emociona, consta de 26 xornadas nas que se combinarán clases teóricas e prácticas, impartidas por profesionais de gran prestixio na materia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2018