CRTVG

Buscar

O PP abre en Santiago a súa convención nacional para presentar políticas alternativas de Goberno

Publicado o 27/09/2021 08:31

O PP elixiu Galicia, a comunidade onde ten máis peso, para iniciar a convención nacional de sete días con que pretendente poñer rumbo á Moncloa. Inaugurará o encontro o líder do partido Pablo Casado nun coloquio co expresidente Rajoy baixo o título Progreso e emprego. A economía será un dos temas centrais da xornada, coa presentación das alternativas do PP fronte ás políticas de Sánchez. 

A xornada da convención popular en Santiago terá o mesmo formato que os próximos días en Valladolid, Madrid ou Sevilla: cinco mesas de debate coa sociedade civil, cun cento de intervencións.
O líder dos populares galegos Alberto Núñez Feijóo compartirá foro co vicepresidente da Comisión Europea.

A convención rematará o domingo reunindo 8.000 persoas en Valencia e coa presenza do primeiro ministro grego e o chanceler austríaco. Despois, os populares trasladarán todo o debatido ao programa electoral. 

Noticias web

27/09/2021