CRTVG

Buscar

Comeza en Pontevedra a festa do ciclocrós nacional

Publicado o 10/01/2019 18:07

E mañá comeza en Pontevedra a festa do ciclocrós nacional. Campionatos de España. No circuíto da Xunqueira, con varias opcións galegas de medalla. Por exemplo, Iván Feijóo. O ciclista de Allariz foi campión júnior hai dous anos e aspira ao podio na categoria sub-23. O catalán Cullell será o seu principal adversario.

Na categoría feminina, a marinense Irene Trabazo chega en excelente estado de forma. Dominou o campionato autonómico. Máis de trinta ciclistas representarán Galicia nas diferentes modalidades. Mañá, en xogo o título por seleccións, por remudas que Galicia gañou en Valencia en 2017.

E como o ano pasado en Legazpi, a delegación galega presenta un ciclismo sen barreiras e con corredores con capacidades diferentes. Borja Gómez, o corredor ponteareán, disputará o Campionato de España na categoría júnior.

Galicia é unha potencia do ciclocrós nacional, como reflicte a historia desta especialidade invernal. O porriñés Abel Maceira é o ciclista galego máis laureado. Tres titulos nacionais, como cadete, júnior e elite. Anos noventa. Nesa época brillaba, ademais, Óscar Pereiro. O gañador do Tour de Francia de 2006 gañou dous títulos estatais como ciclista sub-23. Pereiro e Maceira eran as grandes referencias galegas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/01/2019