CRTVG

Buscar

A segunda xornada do cumio do clima de Madrid está centrada no labor das cidades polo cambio climático

Publicado o 03/12/2019 08:01

Os reis reciben os representantes de case 200 países

• Sánchez: "Só os fanáticos negan a evidencia do cambio climático"

• O COP25, un evento máis sustentable sen botellas de plástico

Non é que non esteamos facendo abondo. É que nin sequera estamos preto. Así de grave pintaba a situación o xefe dos expertos da ONU para o cambio climático. 200 países revisan desde hoxe o que están facendo para cumprir os acordos de París de 2015. A ONU teno claro: fai falla multiplicar por cinco os esforzos actuais para evitar que o mundo se quente a finais de século ese grao e medio considerado o límite da catástrofe.

António Guterrres, secretario xeral da ONU, advertía de que "non hai tempo nin razóns para o retraso. Temos as ferramentas, temos a ciencia, temos os recursos: Mostremos que tamén temos a vontade política que a xente demanda de nós"

España acolle o cumio tras la renuncia a última hora de Chile. Pedro Sánchez anunciaba que o noso país vai aumentar os recortes de emisións aos que se comprometeu para 2030. E cargaba contra os que chamou fanáticos do negacionismo.

Pedro Sánchez, presidente do Goberno en funcións, asegurou que "ninguén pode sustraerse pola súa conta a ese desafío, non hai muro alto de abondo que protexa desta ameaza a calquera país. Ou marcamos un punto de inflexión ou deixaremos atrás o punto de non retorno"

A presidenta do Congreso norteamericano, a demócrata Nancy Pelosi, viaxou a Madrid para contrarrestar o baixo perfil da delegación enviada por Donald Trump.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí