CRTVG

Buscar

Comeza en Galicia a campaña do polbo, da nécora e do lumbrigante

Publicado o 01/07/2019 21:01

Na lonxa de Ribeira poxáronse este luns case 4.500 kg de polbo. É o primeiro da tempada. Os mariñeiros din que hai cantidade para ir cubrindo a cota pero que a maioría dos exemplares son pequenos.

Juan Antonio Pérez. Poxador de polbo en Ribeira. "De momento estanse cubrindo as cotas pero é o primeiro día. O material de momento é pequeno. Ata a semana non se vai saber o que vai quedar e o que van coller porque na primeira capa está xunto todo". " Por agora hai poucos pero é o primeiro día e no primeiro día non hai mostra de nada, cando leves un par de días si".

Os exemplares máis caros vendéronse a 9,90 o kg. A pesar do tamaño, na lonxa aseguran que este é o mellor momento para mercar. As grandes empresas conxeladoras non empezan a comprar ata agosto. Así que este é o mes cos prezos máis baixos.

Juan Antonio Pérez. Poxador de polbo en Ribeira." Dentro dun mes, para agosto, comezarán a mercar os frigoríficos en cantidade. Neste momento só mercan para os pedidos porque non é época de polbo. Así que os prezos están mellor. Para particulares están mellor agora".

Este luns comezou tamén a campaña da nécora e o lumbrigante. A nécora aínda está algo fraca. A máis grande pagouse a 23 euros o kg.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/07/2019