CRTVG

Buscar

Comeza en Cambados unha campaña extraordinaria da vieira

Publicado o 19/01/2021 19:48

As vendas de vieira no Nadal superaron o previsto na confraría de Cambados e na empresa que crearon dedicada a conxelar e distribuír este bivalvo. Por iso, comezaron agora unha campaña especial, que durará unhas tres semanas, para poder facer fronte aos pedidos dos próximos meses.

Neste momento participan nesta campaña unhas 33 embarcacións de Cambados. Cada día teñen como tope 3.000 quilos de vieira, que é a capacidade que ten a planta para depurar na xornada.

Noticias web

19/01/2021