CRTVG

Buscar

Comeza de xeito semipresencial a 58º Feira do Viño do Ribeiro

Publicado o 28/05/2021 20:59

Na terraza da sede do Consello Regulador arrincou a edición 58 da feira do Ribeiro que se poderá seguir online pola app pero que conta tamén con catas e outros eventos presenciais.

No acto de inauguración o delegado do Goberno en Galicia e o conselleiro do Medio Rural quixeron amosar as axudas ao sector do viño, especialmente danado coa pandemia. Unha cifra, un ano normal do Ribeiro venden dez millóns de botellas, no 2020 non chegaron nin á metade.

Agardan tamén que para o ano poidan promocionarse así, coma sempre, mentres convidan a participar nos actos que ata o domingo darán a coñecer a denominacion de orixe de viño máis antiga de Galicia.
 

Noticias web

28/05/2021