CRTVG

Buscar

Comeza a lexislatura con incertezas sobre a Mesa do Congreso e sen apoios para a investidura

Publicado o 03/12/2019 08:54

 

 

Ás dez da mañá comeza no Congreso a sesión constitutiva da décimo cuarta lexislatura. Os deputados escollerán a Mesa do Parlamento, na que aínda é unha incógnita se entrará Vox.

Paralelamente, PSOE e Esquerra manteñen a súa segunda reunión oficial. Aos independentistas, a oferta da Comisión Bilateral parécelles insuficiente e Sánchez admite xa que a investidura podería atrasarse.

A xornada de Constitución das Cortes da XIV chega envolta en chamamentos á gobernabilidade e ao desbloqueo, para evitar unha nova lexislatura frustrada.

Segundo Nadia Calviño. Ministra de Economia en funcións, "os investimentos públicos requiren un goberno canto antes". "Espero que sexa antes do Nadal", dixo o líder de Unidas Podemos, Pabl Iglesias. Aitor Esteban, do  PNV, advirte que  "cada día que pase pode ser máis complicado".

A sesión comeza no Congreso na mesma xornada na que Esquerra e PSOE manteñen a súa segunda reunión oficial para encarrilar a investidura de Sánchez. Esquerra non se pronuncia sobre a proposta de incrementar as competencias e insiste en que a Comisión Bilateral que xa existe non colma as súas expectativas. Mentres, Arrimadas envía unha carta a Sánchez para pedirlle un pacto con Ciudadanos e o PP.

Os populares seguen á espera da resposta de Vox., a quen lle ofreceu os votos precisos para entrar na mesa cun deputado a cambio de que os de Abascal permitan a entrada de Ciudadanos. Casado reiterou que  "nin imos facer presidente a Sánchez nin ninguén vai cambiar o sistema pola brava coa escusa de que non o facemos presidente".

E así as cousas, Sánchez volve apelar a todos os partidos:  "Ninguén pide a ningún partido que renuncie a ser alternativa do PSOE. Ao contrario. O único que estamos propoñendo é que asuman cada un a súa responsabilidade e desbloqueen a situación no noso país". E admite que a investidura, que prevía para decembro, pode chegar máis tarde: "Non sei se pode ser o 12 de decembro, o 20 de decembro ou o 8 de xaneiro. Non sei. Creo que é importante subliñar que España precisa un goberno canto antes", dixo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019