CRTVG

Buscar

Comeza a Volta a Portugal, coa presenza de tres galegos

Publicado o 31/07/2019 16:39

E hoxe arranca a Volta Ciclista a Portugal. Coa presenza de tres galegos, o vilagarcián Gustavo Cesar Veloso, o estradense Álex Marque e o ponteareán Cristian Mota, que debuta na carreira. Un prólogo de seis quilómetros abre a proba, que finaliza cunha crono de vinte quilómetros no Porto. Once días, tres finais en alto, tres en repeito. Percorrido ondulado e duro. Veloso gañou a carreira en dúas ocasións e corre co dorsal un. Marque gañouna unha vez.

Noticias web

31/07/2019