Comeza a volta á casa polo Nadal dos galegos de fóra
Publicado o 21/12/2020 14:34
Ano tras ano, a volta á casa polo Nadal é un dos momentos máis felices e agardados polas familias que viven fóra. Nesta ocasión, pode que os sentimentos aínda sexan máis intensos. A maioría leva moito tempo sen verse e o que é peor, sen saber se poderían reencontrarse.
Todos veñen concienciados. Ao longo destes días terán que seguir as recomendacións para pasar un Nadal seguro. Sábeno ben os adultos e tamén os nenos.
Aínda que os grupos familiares serán máis reducidos, hai persoeiros que, pase o que pase, non poden faltar. Os máis pequenos non o dubidan.
Con toda esta emoción, esperan gozar deste Nadal diferente. Con emoción e con moita precaución para poder celebralo tamén xuntos o ano que vén.