CRTVG

Buscar

Comeza a temporada para O Parrulo e o Burela Pescados Rubén na Liga Nacional de Fútbol Sala

Publicado o 14/09/2019 13:22

Novo ciclo no Parrulo Ferrol. Rematou a etapa Diego Ríos e comeza a era Héctor Souto, adestrador sen experiencia na primeira división. Arrincan a terceira temporada consecutiva na elite con seis fichaxes, preparados para sufrir e co mesmo obxectivo das anteriores: a permanencia.

 "Somos un club humilde. Temos que estar preparados para sufrir. Estas últimas temporadas foron así e non creo que agora vaia ser diferente pero hai que ser optimistas e encarar a temporada con positivismo", explicou Miguel Muñoz.

O Parrulo promete traballo, pelexa... o mesmo que o Burela Pescados Rubén, que volve á elite dúas temporadas despois. Chegaron catro reforzos á Mariña. O principal será adaptarse canto antes á categoría.

Vai ser un ano complicado. Témonos que asentar primeiro e, despois, xa veremos pouco a pouco pero a permanencia é o obxectivo", recoñeceu Jacobo Amoedo.

Comeza tamén a primeira división feminina. O Burela Pescados Rubén festexa o tíutulo da Supercopa recibindo ao Poio en Vista Alegre. Verémolo ás 4 e cuarto na TVG2.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2019